Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños brancos/Nova Onda

Son os novos viñateiros. Unha nova xeración de novos productores que están a elevar o nivel de calidade dos viños galegos co seu coñecemento e innovación.

  • Conas Brancas 2024

  • Fedellos do Couto
  • Castro Caldelas
  • Godello, Dona Branca, Treixadura
  • 33,00 €
  • Fedellos do Couto representa na Ribeira Sacra a última xeración de “recuperadores” encargados de consolidar a zona como un dos grandes terroirs do mundo a través de viños diferentes, expresivos e cheos de tipicidade. Este coupage de uvas do val do Bibei con crianza de 6 meses en barricas usadas é un claro exemplo do seu “fedellismo”.
  • Xesteiriña 2024

  • Acios da Xesteiriña
  • Val do Salnés
  • Albariño
  • 55,00 €
  • Proxecto que da a coñece-lo traballo que dende hai máis de 30 anos desenrola Jose Manuel Domínguez. Nace coa intención de expresar e dar a coñece-lo carácter dunha parcela singular ubicada no Lar da Xesteiriña (A Vichona, Sanxenxo) a través da variedade Albariño. Viño de matices complexos e moita pureza, cunha tensión eléctrica na boca que evolucionará de forma magnífica nos próximos anos.
  • A Telleira 2025

  • Genus de Vinum
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Godello
  • 27,00 €
  • Tres parcelas na subzona do Val do Miño que teñen diferentes tipos de solo: cantos rodados, arcilloso e franco-arenoso. Aromas a froita branca de óso, loureiro e herbas. Na boca é fresco, equilibrado e moi sabroso.
  • Banzao 2022 (Vino de Villa)

  • Banzao
  • DO Bierzo
  • Godello
  • 42,00 €
  • Silvia Marrao, enóloga madrileña, leva máis de 20 anos traballando no sector por medio mundo pero finalmente atopa o seu fogar aquí para o seu magnífico proxecto de recuperar, dende o 2017, viñedos de 70-80 anos no val do río Ancares, en plena Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses. Unha Godello aquí que expresa todo o potencial da variedad. Crianza en barrica de 7 meses coas súas lías máis outros 12 na botella. Fresco, acidez, longo, untuoso e equilibrado.