Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños brancos/Monovarietais

Son os viños que representan perfectamente a tipicidade de cada caste, xenuina no seu correspondente terroir.

  • Ola 2024

  • Viños con xeito
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 24,00 €
  • A Albariño é unha variedade á que lle gusta o granito e o Océano Atlántico, e neste hábitat alcanza a súa máxima expresión. Lagar de Pintos, adega emblemática nas Rías Baixas, elabora en exclusiva para O Curro da Parra este monovarietal a partir de viñedos de 25/30 anos de idade, prácticamente ó nivel do mar.
  • Cuesta de los olivos 2025

  • Finca Millara
  • DO Ribeira Sacra
  • Godello
  • 28,00 €
  • Raúl Pérez asesora a Finca Millara nesta selección de cepas vellas en bancais de pizarra orientados ó sur nunha soa propiedade sobre o río Miño. Vendimia manual e fermentación en pequenos depósitos.
  • Pedro Méndez 2024

  • Pedro Méndez
  • Salnés
  • Albariño
  • 29,50 €
  • Dende 2015 Pedro Méndez traballa fóra da D.O. Rías Baixas para elaborar este Albariño sen ataduras. Un Albariño de viñas centenarias, de solos de granito de tres predios no corazón do Val do Salnés (Simes, Padriñán e Vilalonga). 6 meses en depósitos de acero inoxidable e 10 meses sobre as súas lías finas en barricas de roble francés. Viño ecolóxico, con nervio, complexo e con longa vida.
  • María Manuela 2023

  • María Manuela
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 31,50 €
  • Proxecto de enoturismo nas Ribeiras do Ulla. Albariño de unha única parcela. Suave, fresco e con froita. Fai 13 meses de crianza nas súas lías en depósitos de aceiro e barrica de carballo francés.
  • Prime 2021

  • Paco y Lola
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 32,00 €
  • Paco & Lola elabora este viño en edicións limitadas. Realiza unha crianza sobre as súas lías finas durante 6 meses e, unha vez rematada, permanece madurando durante 6 meses máis en depósito antes de ser embotellado. Predominan nel as notas de froita madura, froita escarchada e un fondo elegante de lías e cítricos maduros.
  • Leirana 2025

  • Forjas del Salnés
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 29,00 €
  • Leirana é xa un clásico das Rías Baixas e toda unha referencia dos Albariños para a crítica internacional. Rodri Méndez, alma máter de Forjas del Salnés, déixase asesorar aquí polo seu gran amigo Raúl Pérez. Viñedos de entre 40 e 60 anos en solos arenosos e graníticos da comarca do Salnés. Atlántico puro. Elegancia, frescura, mineralidade e intensidade aromática.
  • Banzao 2022 (Vino de Villa)

  • Banzao
  • DO Bierzo
  • Godello
  • 42,00 €
  • Silvia Marrao, enóloga madrileña, leva máis de 20 anos traballando no sector por medio mundo pero finalmente atopa o seu fogar aquí para o seu magnífico proxecto de recuperar, dende o 2017, viñedos de 70-80 anos no val do río Ancares, en plena Reserva da Biosfera dos Ancares Leoneses. Unha Godello aquí que expresa todo o potencial da variedad. Crianza en barrica de 7 meses coas súas lías máis outros 12 na botella. Fresco, acidez, longo, untuoso e equilibrado.
  • Neno 2025

  • Viñedos Somoza
  • DO Valdeorras
  • Godello
  • 27,00 €
  • Godello dos mellores viñedos da zona (A Rúa, Valdeorras) con diferentes tipos de solo con idades de entre 30 e 40 anos. Clara influencia atlántica e carácter continental. Agricultura respetuosa. 8 meses sobre lías en barrica.
  • Martín Códax 2025

  • Martín Códax
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 24,00 €
  • Seguramente, un dos Albariños máis coñecidos da denominación Rías Baixas, tanto dentro coma fóra de Galicia. Parcelas seleccionadas no val do Salnés. Textura envolvente e acidez equilibrada. A persistencia do seu sabor, onde predominan froitas verdes e cítricas, invita a gozar cada sorbo.