Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños brancos/Clásicos

Como o seu nome indica, velaquí unha escolma de viños clásicos de productores galegos consagrados, con carácter e cun estilo moi definido.

  • Pezas da Portela 2023

  • Bodegas Valdesil
  • DO Valdeorras
  • Godello
  • 69,00 €
  • Un monovarietal de Godello complexo e elegante, representativo de Valdeorras. A uva procede de viñedos moi vellos de máis de 50 anos de idade ubicados en 11 pequeños predios a uns 500m de altitude. As cepas están prantadas sobre ladeiras de solos pizarrosos. Crianza en barrica de 6 meses.
  • Lobarzán 2025

  • Castro de Lobarzán
  • DO Monterrei
  • Godello, Treixadura
  • 25,00 €
  • Pequena adega familiar en Vilaza que busca o equilibrio na viña, gardando o respeto á terra e ó entorno. Uvas de cosecha propia e traballos de forma manual. Boa intensidade de nariz, fresco e aromático.
  • Lagar de Pintos 2024

  • Lagar de Pintos
  • DO Rías Baixas
  • Albariño
  • 27,00 €
  • Dende 1887. Nesta adega de Ribadumia, corazón do Salnés, a familia Castro-Pintos, elabora o seu buque insignia con uva Albariño procedente dos seus sete predios. Viñedos de 40 anos conducidos en emparrado. Solos graníticos e arenosos. Prototipo de Albariño deste val do Salnés.
  • Coto de Gomariz 2024

  • Coto de Gomariz
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Godello, Loureira, Albariño
  • 27,00 €
  • No corazón do Ribeiro, en Leiro, no val do Avia, atópase, o coto vitícola máis antigo da Península Ibérica (século X). Variedades autóctonas recuperadas nos anos 70 traballadas hoxe en viticultura natural. Viño redondo, expresivo e estructurado.
  • Formigo 2024

  • Adega Manuel Formigo
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Albariño, Loureira, Godello, Torrontés
  • 23,00 €
  • Viño branco que amosa a esencia da xuventude e frescura. Lixeiro, refrescante e salino. Manuel Formigo, "colleiteiro" de Beade, traballa as variedades autóctonas dos seus viñedos de maneira sostible. Solos graníticos con vides de entre 20 e 40 anos.
  • Eidos Ermos 2024

  • Luís Anxo Rodríguez
  • DO Ribeiro
  • Albariño, Treixadura, Torrontés, Lado
  • 28,50 €
  • Eidos Ermos é un coupage de variedades autóctonas procedentes de viñedos novos deste val do Avia. Luís Anxo Rodríguez dirixe esta pequena adega con 29 predios de terreos areoso-silíceos de ladeira. Viticultura de baixos rendimentos, manual e respetuosa co medio ambiente.
  • Guímaro 2025

  • Adegas Guímaro
  • DO Ribeira Sacra
  • Godello, Treixadura, Torrontés, Loureiro, Albariño
  • 27,00 €
  • Maiormente Godello, leva un 25% doutras variedades brancas autóctonas. Uvas todas elas que proceden de parcelas situadas na zona de Amandi, en ladeiras escarpadas a 300 e 500 metros de altitude. Permanence 6 meses coas súas lías. En definitiva, un branco elegante con moito carácter.
  • La Viñoa 2024

  • Pazo Casanova
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Godello, Loureiro, Albariño
  • 27,00 €
  • Na vila de Banga, 12 hectáreas de viñedo en espectaculares socalcos de muros de granito que caen dende os 350 ós 180 metros de altitude nunha das ladeiras históricas do val do Avia. Crianza sobre as súas lías finas durante 6 meses. Aromas a froita fresca, cítrico, salino, con boa estructura e voluminoso na boca.
  • Manuel Rojo Colleiteiro 2024

  • Manuel Rojo
  • DO Ribeiro
  • Treixadura, Godello, Albariño, Lado, Loureira
  • 39,50 €
  • Viño de autor no corazón do Ribeiro, no val de Arnoia. Vendimia seleccionada e fraccionada respetando os ciclos de maduración de cada caste. Embotellado tardío, mínimo 3 meses na botella antes da súa comercialización. Elegante, sutil, concentrado e mineral. Potentes sabores de froita acompañados de elegantes notas cremosas.