Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños tintos/Viaxeiros T

Para quen goste viaxar. Unha brevísima escolla de viños do Vello Mundo.

  • Tenuta di Carleone Chianti Classico 2021

  • Tenuta Carleone di Castiglioni
  • DOCG Chianti Classico
  • Sangiovese
  • 54,00 €
  • Karl Egger funda La Tenuta di Carleone en Radda (Siena) no ano 2012 baixo os principios da agricultura biolóxica e biodinámica, e unha enoloxía pouco intervencionista. Viño de medio corpo, fresco e mineral, estructurado e equilibrado, persistente e longo. Tánico e acidez.
  • Erupção Vulcânica 2019

  • Azores Wine Company
  • Azores
  • Agronómica, Aragonés, Bastardo, outras
  • 49,00 €
  • Viño fresquísimo mezcla de 3 colleitas. Elaborado por Filipe Rocha e António Maçanita a partir dunha escolma de variedades autóctonas portuguesas nas súas viñas próximas ó mar na Illa de Pico. Crianza promedio de 30 meses, metade en inoxidable e a outra metade na barrica de carballo.
  • Fontodi Chianti Classico 2021

  • Fontodi
  • DOCG Chianti Classico
  • Sangiovese
  • 59,00 €
  • Froito dunha prestixiosa e histórica adega toscana (finca orgánica certificada de 170 hectáreas das que máis de 80 son viñedos), Fontodi Chianti Classico é un viño tinto sinxelo e xenuíno, ó mismo tempo, que moi elegante. Envellecido en barricas de carballo durante 18 meses. Un DOCG Chianti Classico que salienta o estilo tradicional do territorio.
  • Bila-Haut 2022

  • Michael Chapoutier
  • AOC Côtes-du-Roussillon-Vilages
  • Syrah, Cariñena, Garnacha
  • 25,00 €
  • M. Chapoutier é un inquedo e coñecido enólogo da Borgoña ó fronte de diversas adegas en Francia, Portugal e Australia. Domaine de Bila-Haut, é o seu proxecto no Val de Agly (Languedoc-Rosellón). Viño fresco e afroitado con toques herbáceos e minerais.
  • Château La Tour de By 2019

  • Marc Pagès
  • AOC Medoc
  • Cabernet Sauvignon, Merlot, Petit Verdot
  • 35,00 €
  • Adega familiar, a familia Marc Pagès, un dos nomes máis recoñecidos no Medoc dende o século XVI. A gran reputación dos seus viños débese ó excelente terroir de grava e ás súas viñas vellas, cultivadas practicando sempre métodos respetuosos co medio ambiente. Elegante, fino e fresco, cunha excelente concentración frutal. Gran capacidade de envellecemento.
  • Moutons des Garrigues 2021

  • Familie Descombe
  • AOC Côtes du Rhône
  • Grenache, Syrah, Mourvèdre
  • 25,00 €
  • Un clásico do Val do Ródano elaboraos a partir de variedades típicas do Mediterráneo. Agricultura sostible. Solos arcillo-calcáreos e cantos rodados.
  • Bourgogone Pinot Noir Fam. Descombe 2022

  • Famille Descombe
  • AOC Bourgogne
  • Pinot Noir
  • 45,00 €
  • Uvas seleccionadas que veñen das mellores fincas da rexión onde se dan as condiciones ideais para o desenrolo dos aromas intensos de froita vermella. Esta Pinot Noir seduce pola súa estructura, complexidade e elegancia.
  • Belleruche 2022

  • M. Chapoutier
  • AOC Côtes du Rhône
  • Grenache, Syrah
  • 26,00 €
  • Michele Capoutier precursor do cultivo biódiamico nesta zona, apresenta aquí un viño de manual para coñecer o Ródano, no que están presente dúas das súas castes principais: a Garnacha e a Syrah. Froita vermella, pementa, notas silvestres.
  • Dúas Quintas 2022

  • Ramos Pinto
  • DOC Douro
  • Touriga Nacional, Touriga Franca, Tinta Roriz
  • 25,00 €
  • Envellece 13 meses en barricas de carballo. Ofrece un aroma fresco e penetrante. Na boca é denso e refrescante, con taninos sedosos que proporcionan unha textura suave e un final longo. Complexidade e carácter, tipicidade do Douro.
  • Louis Latour Bourgogne Gamay 2020

  • Louis Latour
  • AOC Bourgogne Gamay
  • Gamay
  • 27,00 €
  • Bourgogne Gamay convírtese en nova denominación de orixe a partir da colleita 2011. As uvas deben proceder exclusivamente dos Crus de Beaujolais. O obxectivo é producir viños centrados na froita e na frescura cunha calidade constante. A "Maison" Louis Latour, que leva producindo grandes viños na Borgoña dende 1797, aporta aquí un gran exemplo.
  • Fitapreta O Iluminista 2023

  • António Maçanita
  • IG Alentejano
  • Castelâo, Aragonèz, Moreto, etc
  • 27,00 €
  • António Maçanita recupera neste viño as variedades tradicionais da rexión do Alentejo e as reinventa nunha expresión moderna e elegante.
  • Maçanita Letra F 2023

  • António Maçanita
  • DOC Douro
  • Vidueño
  • 31,00 €
  • Letra F é un viño tinto elaborado polos enólogos irmáns Joana e António Maçanita na rexión do Douro. Este viño provén de viñedos ubicados en Carlão, situados a altitudes de entre 480 e 720 metros, o que proporciona un clima fresco e favorable para o cultivo de máis de 20 variedades de uvas brancas e tintas.
  • Jean Faux Les Sources 2020

  • Chateau Jean Faux
  • ASC Bordeaux
  • Merlot, Cabernet Franc
  • 36,00 €
  • Jean Faux produce algúns dos mellores viños biodinámicos de Francia, coma este Les Sources no que reúne tradición e calidade, elegancia e sofisticación. Crianza de 12 meses en barricas de carballo. Embotella sen añadir sulfitos. Taninos maduros, intenso, pero fresco ó mesmo tempo.
  • Cerasuolo di Vittoria Gulfi 2020

  • Cantina Gulfi
  • DOCG Cerasuolo di Vittoria
  • Nero d'Avola, Frapatto
  • 30,00 €
  • Se algo define as elaboracións de Gulfi é a búsqueda da naturalidade. Viños que nacen a través de prácticas ancestrais e non invasivas na hermosa paisaxe de Chiaramonte (Sicilia). Aromas frescos e salados do Mediterráneo. Combina a intensidade de Nero d'Avola e a amabilidade de Frappato.
  • Naoussa Alta 2021

  • Apostolos Thymiopoulos
  • PDO Naoussa
  • Xinomavro
  • 27,00 €
  • Apostolos Thymiopoulos, embaixador por excelencia da variedad autóctona Xinomavro, elabora viños mediterráneos froito de viñas ecolóxicas e elaboracións pouco intervencionistas nesta zona de Macedonia. Un tinto extremadamente elegante, de clima fresco e de altura.
  • Chateau Rozier 2021 St.-Emilion Grand Cru

  • Famille Saby
  • AOC Saint-Emilion Grand Cru
  • Merlot, Cab. Franc, Cab. Sauvignon
  • 46,00 €
  • Viño tinto de primeira clase. O seu carácter afroitado fai este viño especial. Elegantemente seco. Tinto sedoso e denso cheo de presión e complexidade no paladar. Gracias a súa vital acidez froital, o Grand Cru de Saint-Emilion amósase fantásticamente fresco e vivo no paladar.
  • Castello di Monsanto 2019

  • Castello di Monsanto
  • DOCG Chianti Classico
  • Sangiovese
  • 42,00 €
  • Un clásico de Chianti que representa claramente a filosofía da adega e o carácter da Sangiovese. Lixeiro, elegante, afroitado e especiado.
  • Tournon Shays Flat Shiraz 2015

  • Michel Chapoutier
  • Vitoria Pyrenees
  • Shiraz
  • 49,00 €
  • Excelente tinto biodinámico australiano. Monovarietal de syrah que amosa fielmente a zona de Victoria Pyrennes onde se orixina, con características totalmente diferentes ós viños do Ródano que fixeron famosa á maison francesa M. Chapoutier. 12 meses en barricas de carballo francés otórganlle aromas complexos, notas especiadas e taninos suaves.
  • Marina Cvetic 2017

  • Masciarelli
  • DOC Montepulciano d´Abruzzo
  • Montepulciano
  • 68,00 €
  • Os viños de Gianni Masciarelli sempre tiveron un marcado corte moderno. Hoxe, a súa esposa Marina Cvetic, é quen dirixe a adega. Na estructura deste Montepulciano atopamos precisamente esa forza e esa intensidade. Trátase dun viño cálido e cremoso; aroma de froitos vermellos maduros, reforzada por toques de cacao e vainilla.