Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños tintos/Iconos T

Estes viños convirten a nosa adega en especial. Viños limitados, de colleitas excepcionais e desexados por coleccionistas. Malia que poden non ser viños con moito tempo en botella, son exemplos das mellores produccións.

  • Artadi Viñas de Gain 2021

  • Bodegas y Viñedos Artadi de Laguardia
  • Álava
  • Tempranillo
  • 51,00 €
  • Bodegas y Viñedos Artadi nace como cooperativa no ano 1985. En 1992, a familia Lacalle colle as rendas e co afán de elaborar viños únicos e orixinais, poñen todo o seu esforzo no cultivo e culto ó viñedo, dando así, maior protagonismo ós viños de parcela. Esto levarálles no ano 2015 a sair da D.O.Ca. Rioja, sen abañado-la elaboración de viños nesta rexión. Viñas sitas en Laguardia e Elvillar, a máis de 450 metros de altitude, solos arcillo-calcáreos, maioritariamente. Envellecido en madeira (12meses en barricas de roble francés). Voluminoso, elegante e cun final vibrante.
  • Pago Valdebellón 2020

  • Abadía Retuerta
  • DOP Abadía Retuerta
  • Cabernet Sauvignon
  • 165,00 €
  • Monovarietal de Cabernet Sauvignon, provén dun terruño pobre e calcáreo de textura limosa cun microclima particular. Notas de froitas negras, especias doces e sotobosque, e un paso sápido e elegante. Crianza de 16 meses en barricas de carballo francés. Nada que envidiar ós mellores Cabernet Sauvignon do Médoc.
  • Banzao 2017

  • Banzao
  • DO Bierzo
  • Mencía
  • 73,00 €
  • Silvia Marrao elabora este viño natural monovarietal de Mencía de cepas vellas en San Pedro de los Olleros, nos Ancares de León, a uns 750m de altitude. Cunha producción moi limitada, tan só 306 bot, considérase xa un icono da DO Bierzo. Aromas a froita vermella, moi boa intensidade, toques florais e unha clara mineralidade. Longo e persistente.
  • A Torna dos Pasas 2022

  • Luís Anxo Rodríguez
  • DO Ribeiro
  • Brancellao, Caíño e Ferrol
  • 39,00 €
  • Recuperador de antigas parcelas e variedades autóctonas case desaparecidas do Ribeiro, Luís Anxo acada aquí un viño de auténtica finura. Fresco, delicado e suxerente. Complexo no nariz e na boca. Equilibrio entre froita vermella, notas balsámicas e fondo mineral.
  • Marqués de Murrieta 2020

  • Marqués de Murrieta Est.&Wines
  • DOC Rioja
  • Tempranillo
  • 42,00 €
  • Clásico de clásicos. Máis de 160 anos de experiencia no mundo vitivinícola. O seu fundador, Marqués de Murrieta, inspirouse na rexión de Burdeos e as súas técnicas de elaboración para extrapolalas á súa finca de Ygay. 18 meses en barricas de carballo americano. Elegancia, equilibrio e regularidade.
  • Remelluri Rsva 2017

  • La Granja de Remelluri
  • DOCa Rioja
  • Tempranillo, Graciano, Garnacha
  • 46,00 €
  • O primeiro viño da Rioja baseado nunha única propiedade vitícola segundo o modelo clásico do Medoc bordelés. As salientables puntuacións da crítica nacional e internacional avalan o bo traballo da Adega neste viño que une tradición e modernidade. Esta añada, marcada polas boas condicións climáticas, destaca polo seu equilibrio entre expresividade e frescura. Froitos negros e notas balsámicas. Taninos firmes e sedosos. Crianza de máis de 20 meses. Prometedora evolución na botella.
  • LG Valbuxán Tinto Lexítmo 2021

  • Telmo Rodríguez
  • DO Valdeorras
  • Mencía, Brancellao, Sousón, Garnacha
  • 38,00 €
  • "Valbuxán" refírese a un antigo pazo que adquiriron os propietarios, o cal, inspiroulles para construir a súa adega, xa que aquí se elaboraba viño 300 anos atrás. Inspirado naqueles viños con uvas de aldea que se facían por aquel entón. Combinación de flores, froitos do bosque e notas herbáceas. Corpo medio con taninos finos. Crianza de 15 meses en foudres e barricas.
  • San Román 2022

  • San Román
  • DO Toro
  • Tinta de Toro
  • 69,00 €
  • Un icono de Toro. Viñas vellas de 45 anos a unha altitude de 750 metros, con chans pedregosos e arcillosos. 24 meses en barrica de carballo francés e americano, novas e usadas. Madurez contida e froita no nariz. Profundo, elegante e mineral. Longo percorrido e crecemento na botella.
  • Pingus 2010

  • Dominio de Pingus
  • DO Ribera del Duero
  • Tinta Fina
  • 1.850,00 €
  • Pingus aínda segue a ser o maior obxecto de desexo do panorama vinícola nacional. Os pagos de Barroso e San Cristóbal que Peter Sisseck posee, seguen cumplindo anos e dando algunhas das mellores uvas de Tinta Fina de toda a Ribera del Duero. Espectacular añada ésta de 2010, sobria e elegante, mais non exenta de potencia e rotundidade. 18 meses en barricas novas de carballo francés.