Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños tintos/Clásicos

Como o seu propio nome indica, velaquí unha escolma de viños clásicos de productores consagrados, con carácter e cun estilo moi definido.

  • Guímaro 2025

  • Adegas Guímaro
  • DO Ribeira Sacra
  • Mencía, outras
  • 25,00 €
  • Proxecto que retoma a tradición familiar do colleiteiro Pedro M. Rodríguez "Guímaro". Viñedos de 35-40 anos de diversas parcelas en ladeiras con diferentes altitudes e orientacións. Todas elas na subzona de Amandi. Viño xove, fresco, mineral, de fruta e acidez intensa. Un vino que recorta no padal toda a riqueza da paisaxe da Ribeira Sacra.
  • Algueira 2024

  • Algueira
  • DO Ribeira Sacra
  • Mencía
  • 24,00 €
  • Un clásico da Ribeira Sacra. A referencia de máis producción da adega. Viño tinto do ano elaborado 100% con uva Mencía plantada en terrazas con solos de lousas e granito. Froita vermella, frescura e acidez equilibrada.
  • A Torna dos Pasas 2023

  • Luís Anxo Rodríguez
  • DO Ribeiro
  • Brancellao, Caíño e Ferrol
  • 39,00 €
  • Recuperador de antigas parcelas e variedades autóctonas case desaparecidas do Ribeiro, Luís Anxo acada aquí un viño de auténtica finura. Fresco, delicado e suxerente. Complexo no nariz e na boca. Equilibrio entre froita vermella, notas balsámicas e fondo mineral.
  • Rafael Sastre 2024

  • Bodegas Hermanos Sastre
  • DO Ribera del Duero
  • Tinta del país
  • 27,00 €
  • A familia Sastre funda a adega na localidade burgalesa de La Horra en 1992, mais os seus devanceiros xa procedían dunha saga de viticultores dende os anos 50. Filosofía de máximo respeto á terra procurando un cultivo tradicional e ecolóxico. Un “Ribera” afroitado de alta calidade dentro do seu tempo de crianza de 6 meses.
  • Marqués de Vargas Rsva 2019

  • Marqués de Vargas
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Garnacha, Mazuelo
  • 39,00 €
  • Cepas vellas de 30 anos da finca Padrolagar, no corazón do val do Ebro. Crianza de 23 meses en barricas de carballo. Coidadosa selección manual das uvas procedentes de viñedos propios. Agricultura sostible, sen herbicidas nin pesticidas. Viño equilibrado, con presencia de notas de froita madura, especias e chocolate no nariz. Moi ben estructurado e sabroso na boca.
  • López Cristóbal Cr. 2022

  • López Cristóbal
  • DO Ribera del Duero
  • Tinta del País, Merlot
  • 36,00 €
  • Un tinto de manual de Ribera del Duero. Viñas cultivadas a gran altitude cunha longa crianza en barrica francesa e americana (12 meses, máis outros 12 meses en botella), dan como resultado un viño intenso, maduro, sabroso e cheo de notas de froita vermella.
  • Martínez Palacios Cr. 2021

  • Bodegas Martinez Palacios
  • DOC Rioja
  • Tempranillo
  • 24,00 €
  • 100% Tempranillo procedente de viñedos de máis de 40 anos da Rioja Alta, con 14 meses de crianza en barricas de carballo francés e americano. Intenso na boca, equilibrada acidez que lle aporta certa frescura.
  • Viña Sastre Crza. 2022

  • Viña Sastre
  • DO Ribera del Duero
  • Tinta del país
  • 35,00 €
  • Referencia xa emblemática da Ribera del Duero na súa categoría. Monovarietal de Tinta del País cunha crianza de 14 meses en barricas de carballo francés e americano, el 70% novas. Con froita, suave e lambón, fai alarde dunha boa acidez e sólida estructura que lle auguran unha boa garda.
  • Enate 2018

  • Enate
  • DO Somontano
  • Merlot
  • 41,00 €
  • Sen dúbida, o viño emblema desta adega. Un "clásico" do Somontano que amosa exuberancia e contundencia. 15 meses de crianza. Amplio, carnoso e tánico.
  • Carramimbre Roble 2025

  • Bodegas Carramimbre
  • DO Ribera del Duero
  • Tinta del País
  • 24,00 €
  • Un referente na súa categoría. Destaca pola súa personalidade e o seu quilibrio. Viño con moita froita e de medio corpo. Aromas a froita vermella e lévedo toque de madeira. Na boca destaca de novo a froita e a súa frescura.
  • Tinto Familia Cza Leza García

  • Leza García
  • DOCa Rioja
  • Tempranillo
  • 29,00 €
  • Monovarietal de Tempranillo procedente dalgúns dos viñedos máis antigos da propiedade no privilexiado entorno da Rioja Alta. Un rioja crianza moderno e máis elegante que amosa á perfección o terruño e as características varietais das cepas vellas da uva Tempranillo. Estructurado e moi expresivo.
  • Carramimbre Cza 2023

  • Bodegas Carramimbre
  • DO Ribera del Duero
  • Tinta fina
  • 28,00 €
  • Un bo exemplo de crianza da Ribera del Duero. Sito no ‟Pago el Pingón” a escasos 3 km de Peñafiel, Carramimbre fúndase no ano 1997 por varias familias de arraigamento ós viñedos desta zona. Entrada na boca potente. Toques especiados e tostados da barrica americana. Paso moi equilibrado, saboroso e elegante.
  • Jesús Madrazo 2020

  • Bodegas Jesús Madrazo
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Graciano, Garnacha, Mazuela
  • 32,00 €
  • Unha das figuras da enoloxía rioxana, Jesús Madrazo, tras 18 anos en Viñedos de Contino, e un breve paso por El Sacramento, inicia a súa aposta personal en Cuzcurrita. Apenas 10.000 botellas de este gran crianza delicado pero potente, redondo e moi equilibrado. Con potencial para un magnífico envellecemento.
  • Abadía Retuerta Cuvée Palomar 2020

  • Abadía Retuerta
  • DOP Abadía Retuerta
  • Tempranillo, Garnacha Tinta, Graciano, Malbec
  • 93,00 €
  • Vendimia manual, cunha xeitosa escolma das uvas. Fermentacións por parcelas, de forma separada, a partir de levaduras autóctonas seleccionadas sobre o terreo. A fermentación maloláctica faise de forma espontánea en barricas. Envellece nas adegas subterráneas. Como resultado, un viño fino, elegante e complexo.
  • Malleolus 2023

  • Emilio Moro
  • DO Ribera del Duero
  • Tempranillo
  • 65,00 €
  • Emilio Moro representa a tradición da Ribera del Duero. Malleolus provén dun viñedo vello prantado no 1989 a 890m de altitude. Crianza de 18 meses en barrica de carballo francés de Allier. Elegancia, complexidade, profundo, con estructura e moita expresividade.