Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños brancos/Nova Onda

Son os novos viñateiros. Unha nova xeración de novos productores que están a elevar o nivel de calidade dos viños galegos co seu coñecemento e innovación.

  • Conas Brancas 2023

  • Fedellos do Couto
  • Castro Caldelas
  • Godello, Dona Branca, Treixadura
  • 33,00 €
  • Fedellos do Couto representa na Ribeira Sacra a última xeración de “recuperadores” encargados de consolidar a zona como un dos grandes terroirs do mundo a través de viños diferentes, expresivos e cheos de tipicidade. Este coupage de uvas do val do Bibei con crianza de 6 meses en barricas usadas é un claro exemplo do seu “fedellismo”.
  • A Pedreira 2024

  • Fulcro
  • DO Rías baixas
  • Albariño
  • 28,50 €
  • Alleo ás modas, Manuel Moldes elabora este Albariño na súa casa familiar de Sanxenxo con uvas procedentes dun viñedo de solos arenosos graníticos que miran ó mar. Mínima tecnoloxía na adega. Vibrante, eléctrico, directo e salino. Albariño sen ataduras, un branco dos de antes.
  • Xesteiriña 2024

  • Acios da Xesteiriña
  • Val do Salnés
  • Albariño
  • 55,00 €
  • Proxecto que da a coñece-lo traballo que dende hai máis de 30 anos desenrola Jose Manuel Domínguez. Nace coa intención de expresar e dar a coñece-lo carácter dunha parcela singular ubicada no Lar da Xesteiriña (A Vichona, Sanxenxo) a través da variedade Albariño. Viño de matices complexos e moita pureza, cunha tensión eléctrica na boca que evolucionará de forma magnífica nos próximos anos.