Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Escumantes/Burbullas

Viños espumosos de Albariño, espumantes da Bairrada, cava e, por suposto, Champagne. A nosa mellor selección para os amantes dos viños con burbullas. Burbullas

  • De la Finca 2022

  • Raventós i Blanc
  • Conca del Riu Anoia
  • Xarel-lo Macabeo, Parellada
  • 43,00 €
  • No mundo do cava, non existe nome de máis tradición que Raventós. Cunha historia vitivinícola de máis de cinco séculos, Pepe Raventós, a 21ª xeración da saga familiar, segue as prácticas ancestrais e traballa o viñedo con animais, agricultura biodinámica no seu estado puro. Coidado máximo das viñas e das variedades locais que cultivan.
  • Bágeiras Bruto Natural 2023

  • Quinta das Bágeiras
  • DOC Bairrada
  • Baga
  • 26,00 €
  • Os espumantes de Mário Sérgio están entre os máis recoñecidos de Bairrada e Portugal. Método clásico. Despois da segunda fermentación, madura sobre lías. Sen adición de licor nin azúcar, é un "bruto nature”.
  • Bágeiras Bruto Natural Rosé 2023

  • Quinta das Bágeiras
  • DOC Bairrada
  • Baga
  • 26,00 €
  • Na Bairrada dánse as mellores condicións para elaborar espumantes de calidade. Coma tódolos espumantes de Mário Sérgio, atopámonos aquí ante un "Bruto Natural" (cero azucre adicional), moi equilibrado, austero e serio, con sutís recordos a framboesa e pomelo. Ben firme na boca, con corpo, vivo e saboroso, dando unha proba plena de frescura.
  • Dom Pérignon Brut Vintage 2009

  • Moët & Chandon
  • AOC Champagne, Épernay
  • Chardonnay, Pinto Noir
  • 360,00 €
  • Elabórase exclusivamente a partir das mellores uvas dun único año. Non elaboran un Vintage (de añada) se a colleita non cumple as elevadas expectativas. Tras un mínimo de 8 anos de crianza en adega, o viño alcanza o equilibrio perfecto. 2009 é unha añada na que a madurez alcanza o seu máximo e pecha unha década que en Moët & Chandon definen como prodixiosa, onde o sol permitiu obter colleitas intensas e xenerosas. Elegante, cremoso e maxestoso.
  • Domaine Lagille L´inattendue Brut

  • Earl Lagille
  • AOC Champagne
  • Meunier
  • 69,50 €
  • "O inesperado" é o brut que os irmáns Lagille, Vincent e Maud, elaboran nun terruño de Treslon, ó Oeste de Reims. Monovarietal de Meunier, variedade en ascenso en nos últimos tempos. Respecto e confianza máxima na natureza. Aroma algo complexo e intenso. Efervescente. Fluidez excepcional. Carnoso e tenro.
  • La Société

  • La Sociedad
  • AOC Champagne
  • Chardonnay, Pinot Noir
  • 88,00 €
  • La Société nace no Sur de Espanay, nunha adega de principios dos anos 60. É un Millesimé do ano 2015, zero dosage, elaborado a partir de Chardonnay e Pinot Noir cunha crianza de 36 meses. Champán rosado que irradia elegancia. De burbulla fina, delicada e persistente.
  • L`atavique

  • Champagne Mouzon Leroux & Fils
  • AOC Champagne
  • Pinto Noir, Chardonnay
  • 87,00 €
  • Sébastien Mouzon, terceira xeración, elabora este champagne extra brut biodinámico con 32 meses na botella sen degüelle nun Verzy "Grand Cru" da Montaña de Reims. Complexo, cremoso e con recordos amendoados. Un "grand champagne" de burbulla fina e persistente, cunha acidez viva e un final longo e duradeiro.
  • Pommery Brut Apanage

  • Vranken Pommery Monopole
  • AOC Champagne, Reims
  • Chardonnay, Pinot Meunier, Pinot Noir
  • 92,00 €
  • Todo un clásico de Francia (e a nivel mundial, tamén). Thierry Gasco elabora un champagne fresco, elegante, alegre, con vida, suave e con notas adozadas. Madura en adegas de tiza en Pommery. Presenta un sabor limpio, sen sequedade. Nunca fatiga o padal.