Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños tintos/Rompedores

Productores que arriscan cos seus viños sen importarlles ir máis alá da tradición e normas rexionais.

  • Régoa 2012

  • Régoa
  • DO Ribeira Sacra
  • Mencía, Brancellao, Caíño y Sousón
  • 35,00 €
  • Un tinto galego "reserva". Vendimia seleccionada, 8 meses en troncocónico de carballo francés Allier, 9 meses de estabilización na botella previa a súa comercialización. Reposando na adega ata apenas sair ó mercado.
  • Sílice 2021

  • Sílice Viticultores
  • Sober (sen DO)
  • Mencía, Garnacha, Merenzao, outras
  • 32,00 €
  • Pura Ribeira Sacra embotellada, malia que non estea adscrito á Denominación. Fredi Torres e os irmáns Carlos e Juan Rodríguez, teñen os seus viñedos no cañón do río Sil, na subzona de Amandi, sobre solos de granito, area e pizarra. A súa filosofía é a de facer viños coma os de antes, isto é, viños pouco intervencionistas. Viño perfumado, expresivo, sabroso na boca, con taninos finísimos e final lungo. Fermentado en foudres e tulipas de hormigón. Entre 10 e 16 meses de crianza sobre lías.
  • Albamar O Esteiro 2020

  • Albamar
  • DO Rías Baixas
  • Mencía, Caíño, Espadeiro
  • 44,00 €
  • Albamar é unha adega familiar que se atopa na desembocadura do río Umia. Comeza a elaborar viño a principios dos anos 90, mais non é ata o ano 2006 cando Xurxo Alba Padín, un dos fillos, pónse ó fronte da mesma para facer unha viticultura o máis natural posible. A súas viñas, a pé da costa de Cambados, abrazan a brisa mariña e outorgan ós seus viños un carácter de seu: salinidade, mineralidade, acidez e frescura.