Cociña galega de mercado

Santiago de Compostela

ADEGA

Viños tintos/Iconos T

Estes viños convirten a nosa adega en especial. Viños limitados, de colleitas excepcionais e desexados por coleccionistas. Malia que poden non ser viños con moito tempo en botella, son exemplos das mellores produccións.

  • Ultreia Valtuille 2016

  • Raúl Pérez
  • DO Bierzo
  • Mencía
  • 49,00 €
  • Raúl Pérez deuse a coñecer polas súas expresivas interpretacións da Mencía de León e o uso do raspón, unha maneira máis natural de vinificar que tornan os seus viños máis especiais. Cepas vellas dunha única finca do ano 1908, “Las Villegas”. Viño de escasa producción, dende a súa primeira añada contou cun gran recoñecemento internacional.
  • Finca Meixemán 2019

  • Adegas Guímaro
  • DO Ribeira Sacra
  • Mencía, outras
  • 34,00 €
  • Raúl Pérez foi fundamental para que Pedro “Guímaro” comezara a facer outras elaboracións máis aló dos viños de ano. Meixemán é un claro exemplo. A viña máis grande da propriedade, duns 70 anos de idade, atópase a 450m de altura nas ladeiras do Sil. Crianza de 12 meses en barrica de roble francés e 3 meses máis en botella.
  • Numanthia 2014

  • Numanthia Termes
  • DO Toro
  • Tinta de Toro
  • 71,00 €
  • Os irmáns Eguren, fundadores da adega en 1998, acadan un tinto icónico para os amantes do viños potentes e alcohólicos, cunha alta concentración de froita e estructura. Viñas de pé franco moi antigas, de incluso 120 anos, que lograron sobrevivir á filoxera no século XIX, plantadas sobre solos arenosos nunha rexión de larga tradición vinícola.
  • Calvario 2008

  • Finca Allende
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Garnacha, Graciano
  • 130,00 €
  • Miguel Ángel de Gregorio é un dos enólogos máis afamados de España e, Calvario, unha verdadera xoia da viticultura de La Rioja. Un tinto excepcional que reúne toda a potencia e elegancia da tempranillo de Finca Allende, en Briones. Un auténtico viño de garda.
  • Castro Candaz 2021

  • Raúl Pérez & Rodrigo Méndez
  • DO Ribeira Sacra
  • Mencía
  • 24,00 €
  • Raúl Pérez e Rodri Méndez elaboran en Chantada este Mencía dunha única parcela de viñedos con máis de 50 anos. Solos de granito e pizarra. Crianza en fudre e barricas durante 12 meses. De producción moi escasa. Viño tinto fluido, complexo e sabroso.
  • La Plazuela 2019

  • Más Que Vinos
  • Vino de la Tierra de Castilla
  • Cencibel, Garnacha
  • 66,00 €
  • Na antiga e renovada adega familiar do ano 1851, localizada en Dosbarrios, críase este viño icónico de La Mancha. Crianza de 18 meses en carballo e un ano en ánfora. Viñas de entre 60 e 80 anos. Taninos, froita madura e corpulento.
  • Castillo de Ygay 2009

  • Marqués de Murrieta Est.&Wines
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Mazuelo, Graciano, Garnacha
  • 295,00 €
  • Fantástico Gran Reserva envellecido 26 meses en barricas de carballo americano e francés, "coupage" de tempranillo e mazuelo, cultivados na zona máis elevada da súa impresionante Finca Ygay. Un viño de obrigado coñecemento para saber o que é un Rioja de corte clásico adaptado ós tempos de hoxe. 95 puntos Peñín (mellor Gran Reserva de España), 96 puntos Parker e 96 Wine Spectator.
  • Viña Tondonia Rsva. 2011

  • R. López de Heredia
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Garnacha, Graciano, Mazuelo
  • 62,00 €
  • Atemporalidade feita viño. O gran clásico de tódolos clásicos, este Reserva do 2010 pasou ser xa unha iconicidade polo súa anada excelente, unha das de máis calidade da historia da DOC Rioja. Longo envellecemento en barrica e repouso en botella, dúas máximas da emblemática adega López de Heredia ó longo dos seus máis de 145 anos de vida.
  • San Román 2019

  • San Román
  • DO Toro
  • Tinta de Toro
  • 62,00 €
  • Un icono de Toro. Viñas vellas de 45 anos a unha altitude de 750 metros, con chans pedregosos e arcillosos. 24 meses en barrica de carballo francés e americano, novas e usadas. Madurez contida e froita no nariz. Profundo, elegante e mineral. Longo percorrido e crecemento na botella.
  • Viña Tondonia Rsva. 2008

  • R. López de Heredia
  • DOC Rioja
  • Tempranillo, Garnacha, Graciano, Mazuelo
  • 124,00 €
  • López de Heredia é unha das familias vinícolas máis representativas da Rioja, cunha dinastía que comeza no 1877 na figura de don Rafael López de Heredia y Landeta. 6 años de crianza en barrica de carballo americano propias e usadas. Unha das mellores anadas dos últimos anos. Embotellado en novembro do ano 2015. Fineza e elegancia inusual.
  • Marqués de Murrieta 2019

  • Marqués de Murrieta Est.&Wines
  • DOC Rioja
  • Tempranillo
  • 41,00 €
  • Clásico de clásicos. Máis de 160 anos de experiencia no mundo vitivinícola. O seu fundador, Marqués de Murrieta, inspirouse na rexión de Burdeos e as súas técnicas de elaboración para extrapolalas á súa finca de Ygay. 18 meses en barricas de carballo americano. Elegancia, equilibrio e regularidade.